publicidade hoxe

Roteiro polas “Sendas de Trazo” organizado polo Concello de Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTrazo
A-
A+

24042013-13O vindeiro día 25 de maio terá lugar a presentación, ás 10.00 h., do roteiro “Sendas de Trazo”, moi recomendable para todos os amantes da natureza e do sendeirismo.

Dado que o Concello pretende darlle difusión e ao tratarse de ser esta a súa presentación, organizaremos unha xuntanza na Casa do Concello dende onde sairá un autobús gratuíto con destino a parroquia de Monzo, lugar onde comezará a viaxe de sendeirismo.

Trátase duha ruta que durará todo o día e  faranse descansos a medida que se avanza e ao mediodía poderemos degustar bocadillos e bebidas facilitados polo Concello.

Ao finalizar a ruta na desembocadura do río Chonia, haberá un autobús que nos leve de novo á Casa do Concello.

Os bocadillos serán totalmente gratuítos para as persoas que estean empadroadas no Concello. Os non empadroados fixaráse un prezo, que están pendente todavía de confirmación.

24 de abril de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.