publicidade hoxe

Proxecto Mail Art no Concello de Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocalLocal Portada
A-
A+

O proxecto Mail Art é unha idea que xurde no Departamento de Debuxo en colaboración cos Departamentos das diferentes linguas que se imparten no IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense) seguindo a liña do grupo Fluxus e os neodadaistas que foron os primeriros en facer arte postal.

O proxecto mestura as artes plásticas coa lingua escrita en galego, castelán, inglés, francés, portugués e latín. É un traballo dirixido ós/ás alumnos/as de 3º e 4º de ESO ainda que poden participar nel todos os alumnos/as que estean interesados.  Ademáis establecerase un intercambio postal de Mail Arts con outros institutos de Galicia e fóra de Galicia.

Os traballos do Mail Art non cumpren os formatos das cartas convencionais podendo enviar dende un debuxo sen sobre ata unha luva-carta. Todos os Mail Arts serán enviados por correo postal ós diferentes Centros. Ó final de curso farase unha exposición con todas as cartas recibidas a principios do mes de xuño no Concello de Bande.

26 de abril de 2013 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.