publicidade hoxe

Pontedeva organiza unha andaina pola “Ruta da auga”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontedeva
A-
A+

O Concello de Pontedeva organiza o vindeiro domingo 12 de maio unha andaina de 7 quilómetros pola “Ruta da auga”. Trátase dun percorrido curto con saída dende Regueiro, ás 10.30 h. e que percorrerá Regueiro, A Ponte, Xinzo, Valdumeira, A Ponte, Río Deva, Pontecantiño e Trado.

O prazo de inscrición remata o 8 de maio e establécese un prezo de 8 euros por persoa no que se inclúe a inscrición, o avituallamento e o xantar. Cativos gratis.

As inscricións poden realizarse na propia Casa do Concello ou no teléfono 988 49 50 05 en horario de luns a venres de 8.00 a 15.00 h.

30 de abril de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.