publicidade hoxe

O teatro convértese en protagonista en Bande do 13 ao 16 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeCalendarioLocal
A-
A+

Un total de 12 centros escolares de toda a provincia participarán nos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que anualmente se celebran no Concello de Bande. Este evento, que este ano descorre pola súa XVIII edición, conmemora o 17 de maio, Día das Letras
Galegas. As obras presentadas han de estar escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

Como non podería ser doutra maneira, os escolares pertencentes aos centro colaboradores, CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis, levan meses volcados nesta actividade, pois son partícipes directos deste certame coas súas respectivas obras teatrais “O mago de Oz” e “Animaliños”.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns día 13 de maio ás 9:45h. no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo.

Para acceder ao programa pincha aquí.

26 de abril de 2013 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.