O Concello de Pantón organiza a segunda etapa da Ruta do Miño
O Concello de Pantón organiza unha nova Ruta do Miño, transcorrendo entre Saviñao e Pantón. Trátase da segunda etapa cun percorrido de dificultade media entre Bexán e A Cova.
A ruta está prevista para o sábado 4 de maio e a hora de saída será ás 9.30 h. no Café do Cruce de Escairón.