publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O campo de fútbol da Braña en Rois contará cunha bancada cuberta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalProvinciasRois
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou estes días, xunto co alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, o campo de fútbol da Braña-Siera, onde está previsto que nos próximos días comecen as obras necesarias para dotalo dunha bancada cuberta que se financiará grazas á axuda provincial.

Segundo explicou Calvo, a Deputación aportará para estas obras preto de 60.000 euros, unha cantidade recollida nun convenio que asinou co alcalde nos últimos días. Tojo Lens, pola súa banda, explicou que a obra no campo de fútbol de herba artificial “é moi necesaria sobre todo durante o inverno”, xa que, engadiu, “é o campo que utilizan todos os futbolistas do C.D. Rois de todas as categorías”.

Ademais de visitar o campo de fútbol, Calvo tamén comprobou os resultados da participación de Rois nun dos últimos plans promovidos desde a Deputación, o de Modernización de Mercados Locais.

O alcalde mostroulle ao presidente provincial as obras xa rematadas, que contaron cunha subvención de máis de 50.000 euros e que consistiron, sobre todo, na habilitación de máis prazas de aparcamento na zona comercial do municipio.

“Estamos moi agradecidos á Deputación pola súa axuda, porque habilitar estas zonas de estacionamento suporá un revulsivo para o comercio local”,

11 de abril de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.