publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mesía celebrará a Festa da Terceira Idade 2013 o vindeiro 11 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalMesía
A-
A+

O Concello de Mesía informa de que a Festa da Terceira Idade de 2013 celebrarase o sábado 11 de maio. A data foi determinada para evitar a coincidencia con outros eventos e facilitar a asistencia ao máximo.

Todas as persoas interesadas xa poden retirar a sús invitación persoal na Casa do Concello. A invitación e gratuíta para todas as persoas que cumpran os requisitos de idade e estean empadroadas no municipio. As persoas non empadroadas poderán asistir, pero deberán pagar o prezo do prato.

A festa, que contará co habitual servizo de transporte en autobús percorrendo todas as parroquias a partir das doce do mediodía, terá lugar no polideportivo municipal en Xanceda. Comezará á unha do mediodía, coa recepción e a posterior misa. Ás dúas menos cuarto, aproximadamente, será o momento do xantar. E a partir das catro da tarde está prevista unha actuación musical ata o remate da festa. Como é habitual, todos os asistentes recibirán un agasallo conmemorativo.

23 de abril de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.