publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente elimina un punto de vertedura doméstico en Sobrado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalSobrado
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos (PCV), eliminou un punto de vertedura procedente dunha vivenda particular, sita no lugar de O Campo-San Mamede de Posada, no termo municipal de Sobrado dos Monxes.

O vertido localizouse no transcurso das labores de detección dos focos contaminantes existentes no ámbito do citado concello coruñés, comprobando que se trataba dun vertido por infiltración no terreo das augas residuais resultantes do uso da lavadora e fregadoiro da vivenda unifamiliar.

Os técnicos da Xunta de Galicia comunicáronlle á afectada a necesidade e obriga de emendar a contaminación asociada ao punto de vertido, informándolle e asesorándolle das alternativas das que dispón, e acordando un prazo acorde ás actuacións que se deberán realizar encamiñadas á eliminación do punto de vertido.

Posteriormente, realizouse unha inspección na que se verificou o arranxo do vertido, a través da condución das augas residuais descritas cara un pozo estanco de nova instalación, quedando emendada a contaminación asociada ao punto que na actualidade unicamente desaloxa augas pluviais.

8 de abril de 2013 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.