publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente autoriza o Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos de Lourenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaLourenzá
A-
A+

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladou esta mañá ao Concello de Lourenzá a autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico para a execución dun Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos, neste concello da Mariña lucense.

O outorgamento desta autorización é previa á concesión de licenza municipal para a execución desta actuación no Pazo de Tovar, no lugar de Canedo na parroquia de Santo Tomé de Lourenzá.

O Concello de Lourenzá, solicita autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico para execución de museo e centro de interpretación da cultura dos pazos galegos no Pazo de Tovar, que se sitúa na parcela de referencia catastral núm. 1544 do polígono 6, no lugar do Canedo, na parroquia de Santo Tomé de Lourenzá, do concello de Lourenzá. A parcela na que se sitúa a vivenda a rehabilitar ten unha superficie de 5.225 m2.

O promotor pretende actuar sobre unha edificación tradicional de singular valor arquitectónico, a Fortaleza de Tovar, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) por resolución da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultural en outubro de 1994, constando como data de construción nas referencias bibliográficas e na información catastral o ano 1530, sendo o uso ao que se destina o de museo e centro de interpretación, actuación que non comporta a alteración da súa volumetría nin das características construtivas exteriores. Ademais o catálogo de bens inventariados das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Lourenzá inclúe o Castelo de Tovar dentro da arquitectura civil, así como o Pazo de Tovar na relación de xacementos arqueolóxicos, quedando polo tanto clasificado o solo polo planeamento vixente como non urbanizable de protección do patrimonio.

Compre lembrar que o concello de Lourenzá réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en xaneiro de 1995.

3 de abril de 2013 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.