IX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros “Aprendendo cos nosos maiores” en Xermade
Como cada ano, a Universidade de Santiago, o Concello de Xermade e a Asociación de veciños de Cabreiros organizan as Xornadas Interxeracionais Rurais, que van xa pola súa novena edición.
Estas xornadas constitúen un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores do municipio de Xermade. Están dirixidas fundamentalmente ás persoas maiores, ofrecéndolles charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais.
Pero tamén teñen un carácter interxeracional, para que mocidade e persoas maiores poidan traballar conxuntamente, xa que un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida.
A asistencia é gratuíta, e recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago.
Será os días 25 de maio e 1 e 8 de xuño de 2013 na Casa Escola de Cabreiros (Xermade).
Para coñecer o programa pincha aquí.