publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Folgoso do Courel conta cunha nova depuradora e rede de pluviais por un investimento de 462.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do CourelGaliciaLocal
A-
A+
O director de Augas de Galicia examinando o proxecto

Francisco Menéndez examinando o proxecto

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou esta mañá o Concello de Folgoso do Courel onde supervisou o inicio do período de explotación da depuradora de Santa Eufemia, unha vez que as obras se remataron. Trátase dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) integrada por unha arqueta de desbaste, decantador, cámara de descarga, leito bacteriano, decantador secundario e arqueta de inspección. A saída do efluente tratado cara ao punto de vertedura das augas depuradas realízase a través dun colector.

Tratase dunha actuación que se executou en base a un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Folgoso do Caurel para a dotación de infraestruturas de saneamento e abastecemento do núcleo de Santa Eufemia.

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, aportou máis de 462.000 euros para a execución dunha rede de recolla de fecais e un sistema de depuración, así como para a mellora da rede de abastecemento. Menéndez destacou que con esta actuación se evitarán vertidos e apostes contaminantes ao medio ambiente.

En base a estas obras se instalou unha rede de saneamento de case 1.700 metros de colectores cos seus correspondentes pozos de rexistro, así como un pozo de bombeo e impulsión para recoller as casas situadas a menor cota. Por outro lado, tamén se renovou a rede de abastecemento, feito que implicou instalar máis de 1.300metros de tubaxe. As obras remataron coa reposición de pavimentos e servizos afectados.

O director de Augas de Galicia sinalou que a necesidade desta obra radica en que é unha solución aos problemas de saneamento e abastecemento nesta zona do concello lucense de Folgoso de Courel; sobre todo tendo en conta que Santa Eufemia carecía de rede de recolla de augas fecais e a recolla de pluviais tan só se realizan no contorno da estrada LU-651, a través de cunetas en formigón e terras.

Unha das finalidades desta actuación é contribuír ao bo estado ecolóxico das augas e dos seus ecosistemas asociados, a través da execución dunha rede de saneamento axeitada, recollendo as augas fecais e eliminando as insalubres fosas sépticas. Isto ten especial relevancia ao diminuír de modo significativo o impacto dos asentamentos humanos nunha zona de grande importancia ambiental.

Por último, o director de Augas manifestou que, co remate desta actuación, cúmprense os obxectivos do departamento que dirixe Agustín Hernández: seguir a colaborar económica e financeiramente cos concellos galegos, para dotalos daquelas infraestruturas das cales carecen e mellorar o medio ambiente e a calidade de vida dos cidadáns.

19 de abril de 2013 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.