publicidade hoxe

Festas de San Cristovo 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+
Reunión da comisión de festas

Reunión da comisión de festas

A Comisión de Festas de Negreira presentou o seu ambicioso programa de cinco días (do 9 ó 14 de xullo), cara celebrar os festexos de San Cristovo, cun dos orzamentos máis altos que se recordan, de 80.000 a 85.000 euros, onde o recoñecido artista, compositor e Dj, Carlos Jean, será a grande estrela cun concerto de pago, a noite do sábado 13 de xullo, na chaira das Brañas onde se construirá unha futura praza pública.

A presidenta do colectivo, Sonia María García Lea, acompañada doutras catro compoñentes femininas da comisión, avanzou os contidos xa pechados, e que contan coa colaboración do Concello de Negreira. As celebacións arrincarán o martes 9 de xullo coa elección da raiña das festas, a raiña da terceira idade, e mailo mister, xunto co pregón que estará a cargo das actrices, Sonia Méndez e Sandra Lesta, protagonistas da serie para Internet, Angélica e Roberta, recentemente galardoada co premio Mestre Mateo á mellor serie web.

O chupinazo das festas incluirá o encendido da espectacular iluminación que lucirá en tódalas rúas de Negreira durante a semana grande, e da que se encargará a firma Iluminacións Umia, ademáis dunha salva de bombas de palenque, a cargo de Pirotécnica López.

19 de abril de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.