publicidade hoxe

Festa dos Maiores en Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+
Participantes na Festa dos Maiores

Participantes na Festa dos Maiores

Os maiores de Paderne xuntáronse o sábado 27 de abril para a celebración da XII Festa de Maiores que organiza cada ano o Concello.

Comezou ás 13:00 horas cunha entrañable benvida do Alcalde  na que fixo mención á labor realizada polas persoas maiores durante toda a súa vida e tamén ó esforzo que seguen a facer nestes momentos de crise co apoio á economía das súas familias.

A Misa de Campaña cantada pola coral Albeiro de Velouzás deu paso ó xa tradicional acto de felicitación ós maiores de cada parroquia ós que César Longo ven agasallando ano tras ano e que logo comparten con el a mesa presidencial como xusto merecemento a toda unha vida.

Finaliza este día cunha comida de confraternidade na que moitos deles charlan animadamente despois de todo un ano sen verse; nos postres ten lugar o sorteo dunhas cestas de regalo e a entrega da foto sacada ó comezo do acto ós maiores de cada parroquia que o Alcalde lles entrega como recordo do día.

 

30 de abril de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.