publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feira dominical no Concello de Vilardevós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalVilardevós
A-
A+

O Concello de Vilardevós vén de publicar o día 1 de abril un bando para poñer en xeral coñecemento dos veciños que a Feira Mercadillo que se celebra en Vilardevós os días 7 de cada mes, aínda que a mesma cadre a domingo, celebrarase de igual xeito, así como se fora día festivo.

Dende o grupo de goberno que preside o alcalde Manuel Cardoso Pérez anímase a todos os veciños a que asistan a esta feira dominical o vindeiro domingo 7 de abril. Haberá postos de venda ambulante, así como os xa existentes na localidade que permanecerán abertos ao público e, como non, puntos de venda de polbo.

5 de abril de 2013 | 09:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.