publicidade hoxe

Excelentes resultados na poxa celebrada en Pedrafita na que se adxudicaron 7 novillas de Acruga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugoPedrafita do CebreiroProvincias
A-
A+
Poxa en Pedrafita

Poxa en Pedrafita

O Deputado de Economía de Medio Rural e do Mar; o alcalde de Pedrafita e o presidente de Acruga asistiron hoxe á poxa cuxo éxito confirma o bo momento desta raza de vacún

O prezo medio das reses subastadas foi de 2.070 euros, polo que se manteñen á alza as boas cotizacións nas tres subastas celebradas no que vai de ano

O Deputado de Medio Rural e do Mar, José Fernández; o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo e o presidente de Acruga, César Dorado, participaron este venres na terceira poxa celebrada durante este ano. O éxito acadado confirmou que o arranque da tempada de poxas non podería ter sido mellor para a Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, que participaba aportando sete novillas preñadas, todas elas vendidas a distintos compradores da provincia. Os bos resultados de hoxe súmanse ós obtidos nas dúas primeiras subastas do ano, a de Becerreá e a celebrada na Granxa Gayoso Castro a pasada semana, na que se bateron récords nas cotizacións.

Unha vez máis, a excelente calidade xenética e morfolóxica das novillas preñadas presentadas á subasta xogaron ó seu favor para conseguir unha poxa moi animada, con vinte potenciais compradores, e con resultados que confirman o bo comezo do ano para a raza rubia galega. Todas as femias, unhas preñadas de sete meses e outras de dous ou tres meses, chegaban procedentes do rabaño de élite do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, sen dúbida toda unha garantía para os gandeiros, cada vez máis familiarizados co excelente traballo conxunto que Deputación e Acruga están a desenvolver neste centro a prol da mellora da raza rubia, así como da súa promoción e expansión.

Prezos de récord

Na poxa de hoxe, que se celebrou no mercado gandeiro de Pedrafita, tamén se acadaron estupendo resultados, posto que o prezo medio de adxundicación das reses foi de 2.070 euros, superando os 1.900 euros de saída de todos os exemplares presentados.

As novillas foron adxudicadas a gandeiros procedentes dos Concellos de Friol, Sarriá, Triacastela, Palas de Rei, así como a varios compradores da localidade que acolleu o evento. Cubríronse a totalidade das poxas, e mesmo en tres delas o prezo final acadou os 2.200 euros. É moi significativo que a única novilla que quedara sen adxudicar na pasada poxa de Becerreá, volveu presentarse na subasta de hoxe, ocasión na que non só se vendeu, senón que chegou a acadar un prezo final de 2.100 euros.

Con estes resultados o prezo medio acadado nas poxas deste ano mantense á alza, superando o rexistrado en 2012, que foi de case 2.000 euros, e tamén por enriba dos prezos medios de 2011 e 2010, situados en 1.943 e 1.931 euros, respectivamente.

As subvencións de 300 euros á compra, por parte de Caixa Rural, tamén supuxeron unha axuda á hora de puxar polas novillas, nun evento que contou con moito público. De feito, Pedrafita é un dos municipios de montaña con maior número de asociados, xa que na actualidade hai preto de medio centenar e case setenta explotacións de raza rubia galega.

5 de abril de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.