publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Do 19 ao 28 de abril terá lugar en Meira o “II concurso de tapas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMeira
A-
A+

Nesta ocasión serán 11 os establecementos de hostalería participantes.

O horario do concurso de tapas será: de 19:30 a 23:00 horas.

Os clientes atoparán en cada establecemento o cartel co nome da tapa co que participa ese establecemento, así coma o prezo da tapa.

Tamén haberá unha furna e folletos de votación. precísanse polo menos ter 5 locais selados para poder votar. no caso de ter selados todos os locais (once) o dono deste folleto de votación poderá obtar a un dos tres premios que se sortearán o día 30 de abril, cando se faga o reconto dos votos.

Cada folleto de votación consta de:

- un rueiro cos locais participantes indicados;

- instrucións de votación;

- espazo para que os hostaleiros selen o seu local onde se indica o nome do local, o da tapa do concurso e o prezo;

- e un espazo reservado aos votos onde cada local poderá ser valorado entre 1 e 10 puntos.

Só se pode marcar un número cos puntos que se lle adican a cada local) só serán válidos os votos que estén debidamente cubertos.

Tamén hai un espazo para cubrir os datos da persoa posuídora do folleto de votación que se utilizará para porse en contacto en caso de obter algún premio.

Os premios son:

1º premio: un vale regalo por valor de 550€ a utilizar na axencia de viaxes “viajeshalcón.com”.

2º premio: vales de compra nos supermercados colaboradores de meira (claudio, dia e spar) por valor de 180€.

3º premio: un paquete de “saúde e gastronomía” para dúas persoas no hotel spa Attica21 de Vilalba.

Máis información: nos establecementos participantes, na oficina de turismo de Meira, no tfno: 618.679.632 ou por correo electrónico: turismomeira@gmail.com

8 de abril de 2013 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.