publicidade hoxe

Diversos viais de Sobrado serán reparadas co financiamento da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalProvinciasSobrado
A-
A+
Diego Calvo e Jacobo Fernández

Diego Calvo e Jacobo Fernández

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou co alcalde de Sobrado, Jacobo Fernández, un convenio para financiar a obra relativa ao acondicionamento de vías en Porta y Codesoso.

Con este acordo a Deputación achegará un total de 110.000 euros, cantidade que cubre máis do 97% da obra prevista. O convenio foi aprobado no último Pleno do mes de marzo coa unanimidade da cámara provincial.

O rexedor, logo da sinatura, explicou que estas actuacións incluirán os aglomerados de vías en núcleos rurais e tamén zona urbana que están en moi mal estado e cuxo custe “non sería asumible polo Concello sen a achega da Deputación”. Fernández asegurou ademais que espera que as melloras estean rematadas este verán.

Mosteiro de Santa María

Ademais, o mandatario provincial tamén asinou un convenio de colaboración co prior da orde do Císter do Mosteiro de Santa María de Sobrado, Carlos Gutiérrez.

O acordo, que foi aprobado tamén no Pleno do mes de marzo, formaliza a achega provincial para a limpeza da fachada e dos campanarios da Igrexa de Santa María e a substitución de parte da cuberta.

A Deputación provincial subministrará, neste caso, 48.000 euros, unha cantidade que cobre o 100% do orzamento.

10 de abril de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.