publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Día das Letras Galegas en Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

A celebración do “Día das letras Galegas”, é unha constante na programación cultural que realiza o Concello de Paderne desde que fai varios anos, César Longo incluíse esta data como unha referencia cultural a ter en conta.

Como cada ano, neste 17 de maio a praza do Campo da Escola en Insua, Viñas, congrega a moitas persoas que veñen a celebrar este día grande da cultura galega nun lugar que xa é un símbolo para as persoas da parroquia.

O comezo do programa de actos ás 12:00 h.,  cos sons da gaita galega, ós que seguirán o saúda do Alcalde cunhas palabras de recordo ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, que este ano ven a ser a figura homenaxeada, xunto coa actuación da coral Alcoa-Inespal con temas galegos, veñen a dar unha maior relevancia ós valores da nosa cultura que ese día cobra protagonismo na praza de Insua.

Tódalas persoas de Paderne están invitadas a acudir, xunto co Alcalde e o Equipo de Goberno, á celebración deste Día das Letras Galegas.

30 de abril de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.