publicidade hoxe

Curso de Organización de Accións Socioeducativas no Espazo Xove de Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilalbaXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de Organización de accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da educación non formal no ESPAZO XOVE DE VILALBA, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013.

Obxectivos: Analizar o ámbito da educación non formal, dentro do concepto global de educación, e a súa repercusión no deseño de accións coa poboación xoven dende os Servizos de Información Xuvenil.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

No caso de que non se cubran as prazas ofertadas ou cando as necesidades do servizo así o requiran o EspazoXove de Vilalba, como entidade organizadora, poderá modificar ou cancelar a citada actividade para o que se avisará as persoas admitidas.

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e, só se contactará coas persoas  admitidas na actividade a realizar.

Número de horas: 80

Número de prazas: 25

Contidos:

– Contextualización da información xuvenil no ámbito da educación non formal.

– Deseño de accións formativas no ámbito da información xuvenil.

– Aplicación de métodos para a organización de accións formativas no ámbito da información xuvenil.

– Avaliación de accións formativas

Modalidade: O curso realizase na modalidade a distancia, con un exame final presencial que terá lugar no Espazo xove de Vilalba.

Datas de realización: do 25 de abril ao 20 de xuño de 2013.

Exame final presencial: O exame final terá lugar o 20 de xuño ás 17:00 horas, no Espazo Xove de Vilalba.

Prazo e lugar de inscrición:

O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do venres 19  de abril de 2013.

8 de abril de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.