publicidade hoxe

Curso de Monitor Sociocultural no Espazo Xove de Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocalXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Monitor Sociocultural no ESPAZO XOVE DE CHANTADA,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013.

Obxetivos: Proporcionar aos participantes unha formación teórica básica das funcións de monitor sociocultural.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 125 horas.

Nº de prazas: 30.

Contidos:
• Definición de animación sociocultural.
• Técnicas experimentais para o estudo de campo.
• Técnicas de planificación e deseño de programas.
• Técnicas de organización.
• Técnicas de avaliación.
• Dirección de equipos.
• Técnicas de xestión.

Metodoloxía: O curso realizarase na modalidade a distancia, con un exame final presencial que terá lugar no Espazo Xove de Chantada.

Datas de realización: O curso desenvolverase do 2 de maio ao 27 de xuño de 2013..
Exame final presencial:  O exame final terá lugar o xoves 27 de xuño, ás 17:00 horas, no Espazo Xove de Chantada.

Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do xoves  25 de abril.

10 de abril de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.