Concurso para ver a Melendi
A emisora municipal Radio Negreira, no seu 25 aniversario, e maila Concellaría de Cultura, sortearon dúas entradas para asistir ó concerto que o artista Melendi ofrecerá o sábado 13 de abril, no Coliseum de A Coruña, dentro da súa xira Lágrimas desordenadas. Trátase da presentación do último traballo do cantante asturiano, e a oínte afortunada con este agasallo consistente en dúas entradas para ver a Melendi en concerto, foi Dolores Garabal, unha veciña de Negreira, que resultou a afortunada, de entre un total de 47 participantes no concurso.
Noraboa para Dolores, e agardamos que disfrute do concerto.