publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“Camiño a pé: Ourense-Santiago”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+

DESCRICIÓN: Percorreremos a pé a parte do Camiño Sanabrés dende Ourense a Santiago en 5 etapas de entre 20 e 25 km cada unha.

DATAS: Sábados 27 de abril, 11 e 25 de maio e 8 e 15 de xuño

PREZO: 10€ por etapa, que inclúe o desprazamento en autobús, bocadillo, froita e auga, ademais da credencial de peregrino/a que se dará na primeira etapa. O prezo da actividade deberá aboarse con tres días de antelación ó inicio de cada etapa.

PRAZAS: 50 por orde de inscrición. As persoas non empadroadas no Concello de Zas poderán participar se non se cubren as prazas.

HORA DE SAÍDA: 7h. dende a praza do Concello, en Zas.

FIN DO PRAZO DE INSCRICIÓN: O mércores 24 de abril.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: No Centro Sociocultural de Zas (981.751.398) e no Centro Sociocultural de Baio (981.718.056)

*Esta iniciativa nace no ano 2010, na que percorremos parte do Camiño Francés (Sarria-Santiago), no 2011 fixemos o camiño que vai de Santiago a Fisterra e Muxía e no ano 2012 a nosa meta foi o Camiño Portugués (Tui-Santiago)

5 de abril de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.