publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Comarca de Bergantiños será a protagonista de “12 meses, 12 paisaxes”

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levará á Comarca de Bergantiños ao longo dos próximos 30 días a iniciativa 12 meses, 12 paisaxes, incluída no Plan Proxecta, para colaborar nunha iniciativa educativa na que a paisaxe xoga un importante papel: o Programa conCIENCIA do noso pasado l.

O proxecto 12 meses 12 paisaxes é un programa educativo, en colaboración coa Consellería de Educación, Ordenación Universitaria e Cultura, específico para o coñecemento da paisaxe, co que máis de 2.000 alumnos da Comunidade galega adquirirán e coñecerán as peculiaridades e características da paisaxe galega.

No caso concreto da Comarca de Bergantiños, colabórase coa Fundación Eduardo Pondal . Os alumnos do 5º curso de primaria do CPI Cabo da Area serán os primeiros en estrear o Programa conCIENCIA do noso pasado. O IET préstalle apoio cartográfico e técnico na lectura da paisaxe que se percibe dende o miradoiro de Monte Branco. No dos cursos do alumnado de primaria deseñouse un miralongo (un tubo de papel reciclado de 30 cm.) a través do cal descubrirán os elementos da súa paisaxe.

Dun modo moi sinxelo e da man de Eduardo Pondal faise unha lectura da paisaxe que podemos percibir desde o miradoiro de Monte Branco, cos seus redondeados e pelados cumes cubertos de toxo e queiroas, cun intenso ton de ouro vello en primavera, os piñeirais agrúpanse en grandes manchas descendentes creando un contraste interno de tons verdescuros, ou como recolle o escritor “do teu verdor cinguido”, ata chegar as finas areas cor palla da Barra.

Así, os alumnos de 1º a 6º de primaria de varios colexios dos concellos de Cabana, Laxe e Ponteceso poderán achegarse e afondar nestes conceptos, a través da propia paisaxe e da obra de Eduardo Pondal.

A educación ambiental, unha constante

Para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a educación ambiental, en xeral, e da paisaxe, en concreto, é unha constante.

Entre as iniciativas que destacan están programas con máis de 7 anos de continuidade como o Proxecto Terra, a Axenda 21 Escolar de Galicia, Proxecto Ríos, MeteoEscolas, e Recíclate con Sogama, que continúan vixentes. En total estes programas estanse realizando en máis de 200 centros educativos, participando neles 1.178 profesores e 9.000 alumnos.

15 de abril de 2013 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.