publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta garante a mellora do acceso ao colexio público Juan Rey en Lourenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLourenzá
A-
A+

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas administracións para a mellora do acceso ao colexio público Juan Rey dende a estrada LU-122, (Paraxes – Lourenzá).

O obxecto do presente convenio é establecer as bases da colaboración técnica e económica entre a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e o concello da provincia de Lugo para a reparación do acceso ao colexio, co fin de mellorar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unha rede eficaz, cómoda e segura.

O convenio que terá efecto a partir da data da súa sinatura manterase ata a entrega das obras, e a efectos económicos estenderase ata o 31 de decembro deste mesmo ano.

Compromisos das partes

A Consellería de Medio Ambiente, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, subvencionará o 100% das obras cun orzamento de execución que estimase en 60.500 euros. A AXI licitará, executara e dirixirá os traballos de reparación unha vez haxa elaborado e aprobado o documento técnico que contemple as obras de mellora.

Mentres o concello de Lourenzá deberá poñer a disposición da AXI os terreos antes da adxudicación das actuacións, e obter os permisos, licencias e autorizacións necesarias. Unha vez finalizados os traballos, e logo da comunicación da Axencia Galega de Infraestruturas, a administración local será a encargada de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras resultantes, asumindo as responsabilidades correspondentes como ente titular das mesmas.

Para o impulso e cumprimento deste convenio constituirase unha Comisión de Seguimento formada por dous representantes da Axencia Galega de Infraestruturas e dous responsables do Concellos de Lourenzá. Esta comisión encargarase de avaliar  e impulsar o cumprimento do convenio, interpretar oi seu contido e propoñer a resolución en posibles controversias que puideran xurdir.

23 de abril de 2013 | 15:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.