publicidade hoxe

A décima Popular do Concello do Pino celebrase o 5 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalO Pino
A-
A+

Unha nova proba súmase o decenio de edicións: a popular do Concello do Pino. Ubicada a carón do aeroporto santiagués a popular de Arca-O Pino celebra o domingo 5 de maio a décima edición durante as cales tomaron parte os mellores atletas galegos e unha ampla representación de atletas de élite portugueses, ademais de centos de atletas populares galegos.

Por primeira vez desde hai anos esta proba celebrase en domingo en xornada de mañá, xa que tradicionalmente viña celebrándose en sábado tarde. As probas darán comenzo ás 10 horas pola tradicional proba da Liga Galega de canicross impulsada pola Asociación Acade, para pasar á disputa da proba absoluta ás 11 horas na que tomarán parte ás categorías junior-promesa, senior e veteráns. A continuación sucederanse as probas das categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e pitufo. 

As inscricións a esta proba permanecerán abertas ata o mércores 1 de maio ás 22 horas nas  webs www.fgatletismo.es/santiago (escolares) e www.turesultado.es (adultos).”

29 de abril de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.