publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A secretaria de Ordenación do Territorio reuniuse co alcalde de Taboada para avanzar no PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaTaboada
A-
A+
Instante da reunión

Instante da reunión

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá unha reunión técnica co alcalde do municipio lucense de Taboada, Ramiro Moure Ansoar, na que se trataron os obxectivos do plan xeral de ordenación municipal.

O rexedor de Taboada, acompañado do equipo redactor do PXOM e dos técnicos municipais, comunicou que a finais deste mes de abril o documento de planeamento será remitido á Xunta co fin de que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emita o informe previo a aprobación inicial (IPAI) prazo para o que dispón de dous meses. A continuación, o municipio incorporará ao documentos os axustes precisos e someterao a exposición pública.

Nesta xuntanza, a secretaria xeral e o alcalde fixaron un calendario de traballo con fin de que o documento non se demore e sexa exposto ao público coincidindo cos meses do verán, época na que Taboada, que ten 3.200 habitantes, incrementa considerablemente a poboación, co fin de facilitar o acceso ao documento por parte de todos os propietarios.

Encarnación Rivas destacou a importancia da colaboración entre ambas administracións para avanzar na tramitación destes asuntos claves para o desenvolvemento de Taboada. Para levar a cabo a redacción do PXOM, a achega da Xunta ao Concello ascende a preto de 150.000 euros.

Apostas do PXOM

O novo  documento de planeamento que porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dendes o ano 1994, plantexa:

- Compactar o solo urbano de Taboada, que é o único existente en todo o concello. Para iso, o PXOM propón completar a trama nas parcelas vacantes co fin de vertebrar o solo urbano, dando continuidade aos accesos e a novas infraestruturas.

- Delimitar 70 asentamentos como solos de núcleo rural.

- Ampliar o solo industrial, para o que o concello propón dar cabida a novas iniciativas empresariais relacionadas co medio rural. Cómpre ter en conta a mellora da mobilidade e dos accesos de comunicación que vén motivada pola  entrada en funcionamento da circunvalación e a autovía, infraestruturas de recente creación.

8 de abril de 2013 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.