publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Real Banda de Gaitas participou na Semana Santa no Carballiño e en Xunqueira de Ambía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaO CarballiñoOurenseProvinciasXunqueira de Ambía
A-
A+
A Real Banda de Galitas nun dos actos relixiosos

A Real Banda de Galitas nun dos actos relixiosos

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense participou nos actos relixiosos da pasada Semana Santa no Carballiño e en Xunqueira de Ambía. Na vila carballiñesa actuou na procesión do Venres Santo no interior da igrexa da Veracruz, acto no que participou conxuntamente coa cantante María do Ceo interpretando varias melodías clásicas, entre elas a Ave María de Schubert.

Previamente, o Xoves Santo a Real Banda actuou na procesión de Xunqueira de Ambía, onde ofreceu na igrexa da Colexiata un concerto de música relixiosa.

1 de abril de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.