publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal en Carballeda de Avia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de AviaLocalPortada dereita
A-
A+

A Policía Autonómica vén de informar da imputación dun home coma presunto autor dun incendio forestal no concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense.

O lume que se lle imputa aconteceu no lugar de Pipín, parroquia de Faramontaos, no concello de Carballeda de Avia o pasado 14 de abril, resultando queimados 5.000 metros cadrados de monte raso. O lume foi provocado por un escape dunha queima que se propagou debido ao forte vento.

Por estes feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instancia e Instrución de Ribadavia (Ourense). No que vai de ano, son oito as persoas detidas ou imputadas pola policía autonómica coma presuntas autoras de incendios forestais.

17 de abril de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.