publicidade hoxe

A Piscina Climatizada reabre o luns día 29 tras a finalización das obras de reparación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Barco de Valdeorras
A-
A+

O próximo luns, día 29, reabre as súas portas a piscina climatizada do Barco, unha vez finalizados os traballos de reparación levados a cabo nas instalacións para emendar os problemas detectados na instalación eléctrica deste edificio. A piscina reabrirá co seu horario habitual, e coas mesmas actividades e oferta que as existentes antes do seu peche. Durante o tempo de duración das obras non se pasaron ao cobramento os recibos dos subscritores, mentres que no caso daqueles que estaban a realizar cursos e que non puideron concluílos, volverán retomar a actividade.

As obras realizadas nas piscinas consistiron nunha reforma de boa parte do sistema eléctrico, no que se rexistraran problemas de humidade que podían poñer en perigo a seguridade das instalacións e dos usuarios. Ao mesmo tempo, mellorouse a ventilación da sala de máquinas e procedeuse ao arranxo do soto, afectado por filtracións de auga. A empresa adxudicataria do servizo aproveitou o peche das instalacións para levar a cabo unha serie de melloras nas piscinas e os seus sumidoiros, así como o SPA.

Parte das obras -as relativas a instalacións eléctricas- foron pagadas con cargo ao cánon que a empresa adxudicataria debe reservar todos os anos para facer fronte a reparacións, mentres que o resto serán pagados pola empresa.

Unha vez concluídas as obras, os técnicos municipais iniciarán o expediente para solicitar responsabilidades a quen corresponda polos problemas rexistrados na instalación eléctrica dun edificio que abriu as súas portas no ano 2011.

26 de abril de 2013 | 15:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.