publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A exposición “Aproveitemos os nosos bosques!” segue o seu percorrido por Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLugoPalas de ReiProvinciasVilalba
A-
A+

A exposición itinerante “Economía verde e desenvolvemento rural. Aproveitemos os nosos bosques! “, que PEFC España está presentando en varias provincias españolas, poderá visitarse nos municipios lucenses de Vilalba e de Palas de Rei. Dende o 6 ao 22 de abril poderase visitar na Casa da Cultura de Vilalba para continuar ata o 6 de maio no Concello de Pas de Rei.

A mostra consta de varios paneis informativos que abordan cuestións relacionadas coa Xestión Forestal Sostible e a certificación forestal como ferramenta idónea para coidar os bosques.

A exposición forma parte do proxecto “Desenvolvemento Forestal Sostible 2013″, que PEFC España está a desenvolver en varias Comunidades Autónomas, e cuxo obxectivo é crear instrumentos piloto de planificación colectiva para potenciar, impulsar e desenvolver unha xestión sostible do territorio forestal. O proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o FEADER. (Máis información en: http://www.pefc.es/desarrollo_foresal.html)

PEFC España anima a propietarios, xestores, administracións, empresas, axentes sociais e cidadáns, a coidar, conservar e protexer os bosques, para que as futuras xeracións poidan seguir gozando das súas funcións sociais, ambientais e económicas, e para que sigan sendo motor de emprego e desenvolvemento no medio rural.

8 de abril de 2013 | 09:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.