publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Transfírese ao Concello da Bola un treito da estrada OU-313

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaGalicia
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto de cambio de titularidade dun treito de algo máis dun quilómetro da estrada OU-313, a prol do concello ourensán da Bola, concretamente no núcleo rural de Rairigo, dende o pq 6+500 ata o 7+730, final do municipio. A cesión é conveniente co obxecto de simplificar e facilitar a tramitación de permisos de edificacións nas súas marxes, construción de infraestruturas e servizos urbanos, etc. O Concello asumirá a súa titularidade e mantemento.

O expediente tramitouse ao abeiro dos artigos 5 e 54 da vixente Lei de Estradas do 14 de setembro de 1994, que establece que os cambios de titularidade das estradas se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas e que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas nos que a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos.

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais no marco das súas competencias, e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

Obrigas municipais

De acordo co exposto, o Concello de Bola deberá incorporar ao seu Plan de Estradas o vial ao que se refire este decreto. Así mesmo, a este municipio correspóndelle, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

A entrega do vial formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación deste Decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

20 de marzo de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.