publicidade hoxe

Roteiro sendeirismo A Pastoriza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMoeche
A-
A+

Continuando co programa “Primavera Activa”, o Domingo 17 de marzo de 2013 organizarase dende o concello un novo roteiro de sendeirismo en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión visitaranse as terras de A Pastoriza (Provincia de Lugo) cun percorrido de 12,6 km de trazado lineal, incluída esta na rede de sendeiros da Terra Chá. Camiñarase xunto ao río Miño nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fonmiñá e de Baltar.

Os/as interesados/as en realizar este roteiro deberán realizar as inscricións antes do 14 de marzo de 2013 na Casa do Concello os mércores e venres de 9:00 a 14:00 horas, nos teléfonos 981404006/639417975 ou por correo electrónico silvia.lamas@moeche.es. Esta actividade terá un coste de 5 €, agás os/as menores de 12 anos que poderán ir gratuítamente.

11 de marzo de 2013 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.