publicidade hoxe

Ratificado o convenio co concello da Baña do servizo de normalización lingüística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+
Sesión plenaria

Sesión plenaria

No pleno ordinario celebrado este 14 de marzo ratificouse o convenio co concello de A Baña para compartir o servizo de normalización lingüística.

 A Baña que xa conta cunha Normalizadora Licenciada en Filoloxía hispánica na rama de Galego-Portugués, coordinará as actividades dos representantes técnicos  do concello para a elaboración das actividades pertinentes na materia.

O concello de Negreira farase cargo unicamente dos gastos non subvencionados pola xunta das actividades a realizar no municipio, co que cun gasto mínimo o servizo exténderase aos dous concellos.

Aprobouse a Ordenanza reguladora das axudas ó transporte metropolitano social do Concello de Negreira. 

Persoas Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios desta axuda, previa solicitude feita nos servizos sociais do concello mediante o anexo I:

a) As persoas maiores de sesenta e cinco anos que non exerzan actividade laboral e estén empadroadas no concello de Negreira no momento da súa solicitude e que acrediten estar empadroadas en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago nos doce meses anteriores á solicitude da axuda e que teñan uns ingresos persoais non superiores a 1,5 o valor do IPREM.

b) As persoas en situación de desemprego que cumpran os seguintes requisitos:

>Atoparse inscrito/a como demandante de emprego, de xeito ininterrompido durante, como mínimo, os doce meses anteriores á data da súa solicitude.

>Ter realizado unha actividade laboral durante un tempo mínimo de 12 meses nos derradeiros cinco anos anteriores a data da solicitude.

>Carecer de recursos propios no momento da solicitude.

>Participar activamente en itinerarios de inserción laboral.

>Estar empadroado no concello de Negreira no momento de facer a solicitude e acreditar un empadroamento anterior a doce meses en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago.

c) As persoas que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, acreditada a través de copia de certificación de minusvalía de EVO da Xunta de Galicia, ou por organismo análogo doutra comunidade autónoma, que cumpran os seguintes requisitos:

>Que os ingresos individuais do solictante sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o valor do IPREM.

>Estar empadroado no concello de Negreira no momento de facer a solicitude e acreditar un empadroamento anterior a doce meses en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago.

d)Persoas en situación de risco social. É dicir, aquelas persoas residentes no concello de Negreira, que a criterio dos Servizos Sociais do concello de Negreira e atendendo a razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal puideran precisar desta axuda. Só se concederán con carácter extraordinario e quedarán supeditadas a que a situación valorada como emerxencia sexa susceptible de ser mellorada ou solucionada coa concesión desta axuda.

 Contía das axudas:

1. A contía das axudas fixarase tomando como referencia o prezo da viaxe sinxela correspondente a un salto, aboado mediante a TMG Social, na actualidade o importe é de 0,82 euros, e poderá ser variado, no seu caso, de acordo coas variacións que este prezo poida experimentar durante a vixencia das axudas regulamentadas nesta ordenanza.

2. O Concello de Negreira subvencionará as viaxes efectuadas polas persoas maiores de 65 anos que cumpran as condicións explicitadas no artigo 4.1, apartado a) da presente ordenanza, nun 50% do seu importe, ata un máximo de 20 viaxes mensuais.

3. O Concello de Negreira subvencionará as viaxes efectuadas polas persoas en situación de desemprego que cumpran os requisitos estipulados no artigo 4.1, apartado b) da presente ordenanza nun 50% do seu importe, ata un máximo de 20 viaxes mensuais.

4. O Concello de Negreira subvencionará as viaxes efectuadas polas persoas con discapacidade que cumpran os requisitos estipulados no artigo 4.1, apartado c) da presente ordenanza nun 50% do seu importe, ata un máximo de 20 viaxes mensuais.

5. O Concello de Negreira subvencionará as viaxes efectuadas polas persoas en situación de risco social do artigo 4.1, apartado d) da presente ordenanza nun 75% do seu importe, ata un máximo de 30 viaxes mensuais.

Aprobouse tamén o inventario municipal que non é mais que unha relación dos bens do concello entregada polos servizos da deputación e que agora o goberno se encargará de depurar os erros que poida conter pero que ao ser unha simple ferramenta administrativa carece de valor xurídico polo que non concede ningún dereito sobre os bens relacionados polo simple feito de aparecer nel.

O valor inventariado ascende a 23.197.409 €  é o primeiro que se fai dende a creación do actual concello e que se renovará e correxirá anualmente.

Aprobouse un recoñecemento de facturas do ano anterior de 140.000 € que na súa mayoría eran facturas de suministro eléctrico coas que existía problemas de verificación o resto foron facturas que entraron en rexistro en datas posteriores á derradeira Xunta de Goberno Local do ano polo que deben ser recoñecidas neste ano.

Non deixa de ser significativa a reducción neste apartado xa que no ano 2011 o recoñecemento superou os 500.000€ e no 2012 os 750.000 € co que este gobernó municipal demostra o esforzó para que a execución do presuposto se faga dentro do ano natural, algo que se conta poder conseguir ao longo de 2013.

O orzamento municipal quedou aprobado por un importe 3.961.391,81 € que baixa en relación ao ano anterior debido a finalización e o pago da piscina climatizada co que desaparece do presuposto municipal, quedando o concello nunha situación de estabilidade orzamentaria.

O gobernó local volve a destinar o 60 % do POS ao pago de gasto corrente co que demostra a súa aposta definitiva por arranxar os problemas económicos herdados.

Significativa é tamén a diferencia da nómina do mes de maio de  2011 derradeira do gobernó anterior coa de Febreiro de 2013 derradeira do actual goberno con máis de 10.000 € menos de gasto o que se trasladaría nun aforro anual superior aos 120.000 €.

15 de marzo de 2013 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.