publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“Querido Balbino” visita Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalSanta Comba
A-
A+

A exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego” poderá visitarse no Multiusos de Santa Comba desde o vindeiro venres 8 de marzo.

O acto de inauguración, previsto para as 11,30h, contará coa presenza do autor do libro que inspira a mostra, Xosé Neira Vilas, así como do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que estarán acompañados polo alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, e outros rexedores da bisbarra.

No mesmo acto, Neira Vilas manterá no auditorio do Multiusos un encontro cuns 150 alumnos dos colexios Barrié de la Maza, Pepe de Xan Baña e Nosa Señora da Inmaculada e do instituto Terra de Xallas.

A exposición poderá visitarse ata o 15 de marzo, de luns a venres en horario de 17:00h a 21:00h. “Querido Balbino” percorre a trayectoria vital e literaria de de Neira Vilas. Ademaís tamén se exponen varias obras pictóricas de autores galegos que beben nas fontes do libro “Memorias dun neno labrego”.

6 de marzo de 2013 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.