publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego” en Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSanta Comba
A-
A+
Neira Vilas durante a inauguración

Neira Vilas durante a inauguración

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García inaugurou hoxe en Santa Comba a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”, nun acto no que estivo acompañado pólo escritor e acadêmico Xosé Neira Vilas, e pólo alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo.

Tamén asistiron a presentación o alcalde de Negreira, José Blanco, a concelleira de cultura local, Maria Pose, e membros das corporacións de Santa Comba, Val do Dubra e Negreira, xunto com representantes dos centros educativos Barrié de La Maza, Nosa Señora da Inmaculada e instituto Terra de Xallas (Santa Comba) e do Pepe de Xan Baña(Traba-Castriz).

Despois de inaugura-la mostra, que se pode visitar de luns a venres, en horario de 17:00h a 21:00h no multiusos ata o 18 de marzo, os alumnos participaron nunha variada actividade. Os do “Inmaculada” optaron por ler unha carta elaborada para o protagonista do libro, Balbino. Um grupo de nenos e nenas do Barrié de la Maza ofreceron unha presentación visual sobre o can de Balbino, Pachín, mentres que desde o Pepe de Xan Baña adicaron unha canción ao famoso neno labrego. Pola súa parte, os estudantes do Terra do Xallas centráronse no primeiro capítulo de “Memorias dun neno Labrego”.

8 de marzo de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.