publicidade hoxe

Punto de Información Catastral do Concello de Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal
A-
A+

O Concello de Guitiriz en colaboración coa Dirección Xeral de Catastro ten en funcionamento dende o mes de marzo de 2013 un novo servizo para os/as veciños/as de Guitiriz, o “Punto de Información Catastral” (PIC) , para que calquera cidadán poida solicitar consultas ou certificados catastrais sobre os seus bens inmobles sen ter que desprazarse á sede do Catastro en Lugo, aforrando tempo e diñeiro.

O PIC está situado nas oficinas xerais do Concello e está aberto ao público de luns a venres en horario de 08:00h a 15:00h.

Para calquera información adicional poden pasar polas oficinas xerais do Concello.

14 de marzo de 2013 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.