publicidade hoxe

Primavera musical de Xallas en Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSanta Comba
A-
A+

Catorce músicos de recoñecido prestixio participarán na “Primavera musical de Xallas”, que organiza o departamento de cultura de Santa Comba. Trátase de achegarlle a veciñanza a vertente máis clásica da música, levando os concertos a distintos lugares. Dúas actuaciones desenvolveránse no auditorio do multiusos, outra na capela de Santa Catalina de Armada e a última na capela de Nosa señora da Saúde en Rubín (Cícere).

A entrada aos distintos eventos serán libres e ata completa-lo aforo, e serán presentados polo profesor Antonio Puentes Chao. Desde o departamento de cultura, que dirixe María Pose queren facer un chamamento ós veciños:”Queremos convidar aos nosos veciños a que participen nesta nova iniciativa municipal porque contamos cun programa moi interesante. Nesta Primavera musical do Xallas hai que destaca-la ampla traxectoria e calidade dos músicos que participarán neste ciclo de concertos”” sinalou a responsable do departamento organizador.

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

Domingo 24 de marzo– Multiusos 18h

Concerto en homenaxe a o libro “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario. Intervirá o catedrático e académico Xesús Alonso Montero.

Actuarán a soprano Miki Mori e  a pianista Haruna Takebe

Domingo 14 de abril– Capela de Santa Catalina- 20h

(Concerto conmemorativo do primeiro centenario da construcción do templo)

Actuarán: David Durán Arufe(piano) Saúl Canosa(clarinete), Kiyoko Ohashi(violín) e Thomas Piel(violoncello).

Domingo 28 de abril– Multiusos 20h

Actuación do pianista Martín Millán e do grupo Artemis Ensemble: Fumika Yamamura(violín), Deborah Gonsalves(violín), Gabriel Bussi(viola) Berthold Hamburger(violoncello).

Domingo 11 de maio-Capela de Rubín(Cícere).18h

Actuación de Francisco Luengo e Xurxo Varela (violas da gamba)

 

12 de marzo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.