publicidade hoxe

Plantación para conmemorar o Día da Árbore

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+
Plantación con escolares

Plantación con escolares

Hoxe, 22 de marzo do 2013, o Departamento de Cultura do Concello de Laxe, en colaboración cos colexios de Laxe: CPI Cabo da Area e Escolas Unitarias da Torre e Traba, celebramos o Día da Árbore con plantacións de diferentes especies dde árbores e a realización doutras actividades paralelas en torno a este día que perseguían acadar a concienciación ambiental dos máis pequenos en relación a importancia de plantar e conservar as nosas árbores, xa non só por nós, senón por todos os beneficios que xeran no medio ambiente, así coma no e para o resto de especies animais e vexetais.

Ás 10 horas da mañá, tiveron lugar as plantacións no CPI Cabo da Area e Escola Unitaria de Traba onde tanto a animadora sociocultural do concello coma o persoal operario do mesmo, axudaron á realización da plantación dun olivo no primeiro dos centros e dunha cerdeira no segundo caso. Ás 12:00 horas desprazábamonos ata a Escola Unitaria da Torre onde realizamos a plantación dunha maceira.

Nas dúas Escolas Unitarias,  dirixido tanto pola profesora do centro coma pola animadora do concello realizouse un mural colaborativo entre o alumnado. A través desta actividade traballouse a árbore plantada nas súas diferentes estacións, establecendo paralelamente unha conversa cos máis pequenos e pequenas sobre a importancia da acción que faciamos hoxe así coma a que lles quedaba de coidar e preservar a especie en cuestión.

22 de marzo de 2013 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.