publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PXOM da Rúa será aprobado provisionalmente este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaGaliciaLocal
A-
A+
Reunión de Rivas co alcalde da Rúa

Reunión de Rivas co alcalde da Rúa

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá unha reunión técnica co alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, e o equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para revisar a tramitación final do planeamento.

Nesta xuntanza deuse conta de que o Concello da Rúa procederá á aprobación provisional do documento polo Pleno Municipal antes do verán para remitilo á Xunta para aprobación definitiva antes de que remate o ano.

A reunión de traballo parte dun encontro anterior celebrado o pasado 8 de xaneiro na que a secretaria e o alcalde acordaron un calendario de traballo co fin de axilizar o proceso de redacción do PXOM, no que o concello leva traballando dende o ano 2004.

Tramitación pendente

O Concello da Rúa e o equipo redactor trasladaron á Xunta que na actualidade o PXOM xa conta con todos os informes sectoriais favorables, a excepción do de Patrimonio, cuestión que xa teñen moi avanzada e que están a solventar os técnicos de ambas administracións. Respecto á Memoria Ambiental destacaron que está pendente da Aprobación Definitiva que será emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cando Patrimonio dea por subsanados os axustes que precisa o documento.

Os técnicos da Secretaría Xeral repasaron o contido do documento en base ao informe previo á aprobación inicial (IPAI)  e trasladaron ao concello e o equipo redactor os axustes precisos co fin de incorporalos no documento antes da aprobación provisional. A continuación, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo disporá dun mes para comprobar a integridade tanto do expediente como do documento e outros tres para analizar que o seu contido se adapta á LOUG e outorgar a correspondente Orde de Aprobación Definitiva.

Situación actual

Na actualidade o Concello da Rúa dispón de Normas Subsidiarias de Planeamento con data de aprobación de 1991. Non obstante, está en tramitación un novo PXOM, do que consta un informe previo da aprobación inicial do ano 2004 e dúas aprobacións iniciais unha en 2005 e outra en 2009.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas achegou ao Concello da Rúa unha subvención de máis de 130.000 euros ao abeiro das Ordes de 2004 e 2010 para avanzar na tramitación deste plan. Ademais a Xunta aportou en 2010 máis de 9.000 euros como axuda complementaria para adaptar os traballos do planeamento á Lei 2/2010.

21 de marzo de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.