publicidade hoxe

O DOG publica hoxe a aprobación das bases definitivas da parcelaria de Castelaus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalvos de RandínLocal
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria de Castelaus, no concello ourensán de Calvos de Randín.

Con este paso rematan todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das fincas achegadas, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Calvos de Randín e nos lugares de costume na zona. Os propietarios afectados pola concentración parcelaria dispoñen dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, contados dende a notificación persoal a cada un dos interesados.

Reorganización
A concentración parcelaria da zona de Castelaus afecta a 741 hectáreas e permitirá a reorganización da propiedade de 11.081 parcelas, pertencentes a 422 propietarios. Ata o de agora lévanse investido máis de 220.000 euros na redacción do estudo de impacto ambiental e na preparación das bases provisionais e definitivas. 

11 de marzo de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.