publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O concello de Outeiro de Rei celebra o 8 de marzo cunha charla sobre saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOuteiro de Rei
A-
A+

Con motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla que será impartida por José Ramón Meilán, profesor na Escola de Fisioterapia da Universidade da Coruña. A charla versará sobre a dor de costas en nen@s, adultos e maiores, unha patoloxía que afecta a case todo o mundo polo menos unha vez na vida.

A charla titulada Saúde: concepto actual. A dor de costas en nen@s, adultos e maiores terá lugar este venres ás 17:00 h  no Salón de Actos da Casa da Cultura nun acto aberto á participación de calquera persoa que desexe asistir.

Ao remate da mesma,  terá lugar a tradicional degustación de doces caseiros.

4 de marzo de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.