publicidade hoxe

Feijóo mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Esgos, Mario Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEsgosLocal
A-
A+
Feijóo co alcalde de Esgos

Feijóo co alcalde de Esgos

A Xunta de Galicia ten previsto acometer o equipamento do centro de día residencial do Concello de Esgos (Ourense), de xeito que estas instalacións poidan comezar a funcionar neste ano 2013. Este foi un dos asuntos abordados na xuntanza que mantiveron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez González.

Con esta actuación, que suporá un investimento de 256.000 euros, o Goberno galego dá continuidade á súa aposta por mellorar os servizos sociais públicos en Galicia. Neste caso, a posta en marcha deste centro suporá a posta a disposición de 57 novas prazas residenciais e 22 novas prazas de centro de día.

Por outra banda, o alcalde de Esgos tamén confirmou a Núñez Feijóo a súa disposición a desenvolver a proposta da Xunta de construír unha escola infantil xunto cos municipios de Baños de Molgas e de Paderne de Allariz. De feito, estes tres municipios xa teñen iniciado conversas para acometer esta actuación de forma mancomunada, un exemplo máis de que a Administración local galega ten vontade de ser máis eficiente a través da unión de esforzos e da colaboración entre municipios veciños.

Finalmente, o encontro entre o presidente galego e o rexedor de Esgos tamén serviu para dar un novo impulso ás obras hidráulicas previstas neste municipio. Así, ambos acordaron axilizar a mellora do abastecemento na parroquia de Pardeconde, que suporá un investimento de 200.000 euros e que se licitará ao longo do presente exercicio.

18 de marzo de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.