publicidade hoxe

Corcubión inaugura a Sede Electrónica do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCorcubiónLocal
A-
A+

Corcubión inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet.

Corcubión dá o salto cara a unha administración sen papel.

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

Corcubión cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o “dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos” e “a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo”.

O Concello está a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora.

A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.

A Administración Municipal, cada vez máis próxima ao cidadán.

A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.

8 de marzo de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.