publicidade hoxe

Concesión da subvención da Deputación para manter a Q de calidade da praia da Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

A Deputación Provincial da Coruña concedeu o ano pasado unha subvención de 1.298,12 euros para a mantemento da Q de calidade turística na Praia de Laxe. Esta subvención foi dedicada a pagar os gastos da auditoria externa de calidade (que se realiza para o ICTE) que certifica que a nosa praia cumpre coa norma UNE 187001:2008.

O ano pasado a praia de Laxe superou con éxito a referida auditoría co que puido manter un ano máis este distintivo de calidade que supón promoción da nosa localidade a nivel galego e nacional por parte de Turgalicia e do ICTE.

A praia de Laxe é a única da Costa da Morte que conta con dous distintivos de calidade; A Bandeira Azul e a Q de calidade Turística. Na provincia da Coruña só hai catro praias galardonadas coa Q de calidade turística cuxa consecución é moito máis dificil pois os requisitos son maiores.

A referida axuda concedida pola Deputación só paga en parte os gastos que custa o mantemento da Q de calidade, os resto dos gastos como en anos anteriores correrá a cargo do Concello de Laxe (uso de marca, auditoría interna, análise de fungos das duchas e sinalización).

8 de marzo de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.