publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comeza a instalación da Rede Rural de Banda ancha no Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLocal
A-
A+

Mañá mércores 27 de febreiro, entre as 11:00 e as 19:00 horas, desprazarase unha aula móbil ata a praza do Concello para informar acerca da instalación da rede rural de banda ancha en 58 aldeas do municipio, nas que viven unhas setecentas persoas, que terán cobertura de Internet de banda ancha cando remate a instalación da rede especial anunciada pola Xunta e a empresa Telefónica. Nas proximidades destes núcleos mellorará a cobertura de telefonía de datos.

A instalación deste sistema de telecomunicacións forma parte do chamado Plan de Banda Ancha, aprobado no 2010 e co que a Xunta pretende que a finais deste ano o 95% dos galegos teña a posibilidade de conectarse a Internet cunha cobertura de calidade.

Ademais mañá ás 5:00 da tarde tamén terá lugar na aula CeMIT do Concello a charla “Seguridade dos Menores en Internet”, dirixida a pais e nais co obxectivo de que coñezan cales son os perigos ós que se poden enfrontar os seus fillos/as navegando pola Rede.

12 de marzo de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.