publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilarmaior
A-
A+

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universi­tarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos solicitantes

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/ titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o/a seu/súa proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que, sendo xustificadas, repercu­tan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académi­co 2012/13.

c) Estar matriculado, no curso académico 2012/13, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das uni­versidades do Sistema universitario de Galicia.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir, 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. A presentación de solicitudes poderá realizarse desde o día seguinte ao da publica­ción desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2013.

2.1. Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que acontecese a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se rea­lice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.

2.2. Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado ED433A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria que se publica como anexo II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es para a súa tramitación electrónica completa.

3. Para a presentación na sede electrónica do dito formulario e da declaración res­ponsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal.

4. Para a tramitación electrónica do presente procedemento, a sede electrónica da Xun­ta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es

No caso de dúbida en relación coa presente convocatoria, poderá facer as súas consul­tas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es

Tamén se facilitará máis información nos Servizos Sociais do Concello en horario de luns-mércores e venres de 9:00 a 14:30 horas.

12 de marzo de 2013 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.