publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aberto o prazo para solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o día 7 de marzo o anuncio da apertura do prazo para a solicitude dos grupos profesionais e non profesionais que forman parte da Rede Cultural do presente ano.

Tanto as asociacións coma os concellos da provincia que se queiran sumar a esta iniciativa, deberán presentar as súas solicitudes entre os días 8 e 27 de marzo.

Coma na edición anterior, a Deputación da Coruña asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os de entre 5.001 e 15.000 a porcentaxe achegará o 50%, mentres que nos concellos de máis de 15.000 habitantes a Deputación asumirá ata o 40% do orzamento total.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra metade correrá a cargo da Deputación da Coruña.

Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural, poderán consultarse na páxina web da Deputación, no seguinte enlace:

http://www.dicoruna.es/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp

En canto aos impresos de solicitude, estes poderán atoparse:

- Nas oficinas xerais do Concello de Laxe e no Departamento de Cultura do mesmo
- Na páxina web da Deputación http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/impresos
- E na sede provincial.

No caso de precisar máis información ou facer algunha consulta, podedes poñervos en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Laxe en horario de 08:00 a 15:00 horas a través de teléfono – 981 70 69 71 – ou mediante correo electrónico en cultura@concellodelaxe.com.

8 de marzo de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.