publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta avanza no proxecto mineiro de granito que creará máis de 30 empregos en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalMelón
A-
A+

O Consello da Xunta declarou hoxe a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial de actividades extractivas da explotación Morada. O dito proxecto, situado no concello ourensán de Melón, permitirá a extracción de granito ornamental contando cun investimento, para o primeiro ano de actividade, superior aos 120.000 euros, e xerando máis de 30 postos de traballo directos e indirectos na comarca.

Deste xeito, a Xunta de Galicia prosegue coa súa aposta por poñer en valor os recursos mineiros cos que conta a Comunidade, iniciando os trámites para a realización dunha explotación que se desenvolverá durante os próximos 30 anos. O proxecto, solicitado por Minor Galicia S.L., abarcará un total de 13 hectáreas no municipio de Melón que serán restauradas segundo avancen os traballos, conseguindo, ao final, a recuperación do terreo.

Contribúese así á creación de emprego e á atracción de investimentos a través dunha minaría ambientalmente sustentable e segura, e cuxos recursos benefician ao conxunto da sociedade. Neste contexto, estase a impulsar a mellora da innovación e da competitivade no sector, incentivando a investigación, colaborando cos clusters empresariais e impulsando os centros tecnolóxicos da lousa e do propio granito, que
realizan un importante labor de I+D+i.

Por outra banda, cómpre salientar que a explotación mineira de Melón, proxectada en solo rústico de protección de infraestruturas para parques eólicos, será compatible co Parque Eólico Deva que, con 66 aeroxeneradores e unha potencia total próxima aos 40 MW, conta con 9 aeroxeradores neste municipio ourensán.

Deste xeito, harmonízase a actividade extractiva coa planificación territorial, co ambiente e cun desenvolvemento sustentable,  compatibilizando ambas as actividades e contribuíndo á mellora das condicións económicas e sociais da zona de implantación do proxecto.

14 de marzo de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.