publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta avala o modelo de planeamento proposto polo Concello de Riós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaRiós
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse hoxe con responsables do Concello ourensá de Riós; ademais de co delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co fin de analizar a tramitación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Cabe sinalar que a Secretaría Xeral emitiu no pasado decembro de 2012 o primeiro Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI).

Esta reunión serviu para comprobar os axustes incorporados polo equipo redactor ao documento tras a emisión do IPAI, no que non se poñía en dúbida o modelo proposto polo concello, senón indicacións sobre a adaptación a Lei do Solo, que xa foron corrixidas así como para asentar criterios e consultar dúbidas. A tramitación do PXOM avanza a bo ritmo e será aprobado inicialmente polo pleno municipal no mes de abril.

Neste momento o Concello de Riós réxese por un PXOU aprobado no ano 2001, e ten en trámite o actual dende o ano 2008, así mesmo, o documento de inicio para obter a avaliación ambiental comezou a principios de 2012, obtendo o documento de referencia en abril dese mesmo ano.

Para acadar toda a documentación, este Concello ten en vigor unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas por importe de 83.500 euros.

Próximos pasos

O concello procederá a aprobación inicial do PXOM polo pleno municipal e a continuación deberá sometelo a exposición pública por un prazo de 2 meses para a presentación de alegacións e simultaneamente solicitar os informes sectoriais. A continuación, se incorporarán as resultas de ditos informes e das alegacións aceptadas no documento que será aprobado provisionalmente polo pleno municipal e remitido á Xunta para aprobación definitiva.

11 de marzo de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.