publicidade hoxe

PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonfero
A-
A+

Unha vez rematada a fase de elaboración do Plan xeral de ordenación municipal deste Concello, e informado favorablemente polos servizos técnicos e xurídicos municipais, con respecto á conformidade do plan coa lexislación vixente e a calidade técnica  da ordenación proxectada, con data 17 de xaneiro de 2013 foi presentado na Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas, o proxecto do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Monfero, xunto co seu expediente completo, para o efecto de que sexa emitido, pola devandita Consellería, no prazo de dous meses, o preceptivo informe previo á aprobación inicial polo Concello.

Transcorrido este prazo sen que se comunique o informe recabado, entenderase emitido con carácter favorable e poderase continuar coa tramitación do plan, o Concello poderá proceder á súa aprobación inicial co que iniciaría o expediente da súa aprobación.

Unha vez aprobado inicialmente, será sometido ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos periódicos de maior difusión na provincia. Simultaneamente, darase audiencia aos concellos limítrofes.

Ao mesmo tempo o Concello recabará os informes sectoriais que sexan necesarios.

27 de febreiro de 2013 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.